Taboleiro de Anuncios


Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns


-

NIF:G36691855
Estrada Zamáns, 251 - 36310 Zamáns (Vigo)
Tfno-Fax:986 468039
Email: zamans@zamans.org

 

 

 

 

 

Zamáns, 04 -decembro- 2009.

 

                                                                                      

Estimados veciños/as:

 

Co desexo de que acadedes todos os vosos proxectos e ilusións no novo ano que se achega e que sexa próspero para a paz e a liberdade, dende a Asociación de veciños de Zamáns desexámosvos un Bo Nadal.

Achegámosvos a programación  do Nadal 2009:

-Teatro.

O sábado día 12 de decembro ás 20h no auditorio do centro cultural.

A actuación está dentro do programa “Vigo a Escena”, titúlase “Ego”, a cargo da compañía The Pinga Teatro.

-II Serán en Zamáns.

O sábado día 12 de decembro a partir das 22h no auditorio do centro cultural.

-Decimosegundo Aniversario da Coral Polifónica A.V.C.R. San Mamede de Zamáns.

O día 26 de decembro ás 20h no auditorio do centro cultural, actúan:

Coral Polifónica da SCD Atlántida de Matamá

Coral Polifónica do CSCR de Beade

Coral Polifónica  da A.V.C.R. San Mamede de Zamáns

-Festival infantil.

O 27 de decembro ás 17:30h no auditorio do centro cultural de Zamáns, con música, baile…

-Visita do carteiro Real.

O día 29 de decembro ás 18h, ¡Non tardes e trae a túa carta! Despois do carteiro haberá unha proxección.

-Excursión ó Castelo de Villasobroso.

O día 30 de decembro, saída do centro ás 16:30h. Entrada ó castelo, para maiores de 15 anos, 1€.

-Rondalla.

Como tódolos anos a Rondalla de Zamáns recorrerá os barrios da parroquia, o día 31 de decembro, sairá ás 15:30h polos barrios de Cidáns, Marcosende e Vilariño, o día 5 de xaneiro ás 15:30h por Vilaverde, Casal de Abad, Paredes  e Herville e o 6 de xaneiro pola mañá por Igrexa, sempre se o tempo o permite.

-Baile de reis.

O día 5 de xaneiro a partir das 24:00h no  centro cultural amenizado por unha orquestra.

-Cabalgata de reis.

O día 6 de xaneiro, as súas Maxestades os Reis Magos sairán en cabalo do centro cultural sobre as 12h hacia a igrexa, onde se celebra unha  misa, ó finalizar reparten caramelos e volven ó centro onde entregan un agasallo a cada neno.

 

Aproveitamos para poñernos como sempre á vosa disposición e agradecervos a colaboración.

Recibide un cordial saúdo.